Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A9 A11 A14 A15 A16 A17 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C4 C6 C8 CRITERIOS PARA LITERATURA:
Os alumnos levarán a cabo os seguintes exercicios prácticos:
1. Reflexións críticas sobre temas pertinentes á lectura.
2. Análisis de textos e contextos: interpretación crítica de diversas lecturas obxeto de estudio.
Se valorará a capacidade de comprensión, a orixinalidade do plantexamento crítico, o rigor do análisis, a claridade da exposición e o dominio do idioma castelá.

Para LINGUA:
1. Exercicios prácticos de resumo de textos, análise textual, anotación e recensión bibliográfica.
2. Breves presentacións orais relacionadas cos contidos da materia e das lecturas da mesma.
50
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A9 A11 A14 A15 A16 A19 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C3 C4 C6 C8 O s alumnos farán dous traballos tutelados (un da parte de Lingua e outro de Literatura), que deberán ser entregados ao profesor/a (vía correo electrónico) o día do examen final sinalado para esta asignatura. Avaliarase a orixinalidade, correcta estructuración de contidos, corrección expositiva, calidade e profundidade da análise así coma a súa correcta presentación e logro dos obxetivos propostos. Valorarase a capacidade de relación co visto nas clases. 50
 
Observacións avaliación

En calquera das metodoloxías avaliables, é necesario obter unha cualificación mínima de catro sobre dez para superar a materia.

Recibirán a cualificación de "Non Presentado" aqueles estudantes que non presenten en tempo e forma o traballo tutelado. 

Na segunda oportunidade, gardaranse as notas de todolas actividades superadas e proporánse actividades alternativas ás que se fixeron nos obradoiros e non se superaron.

Os traballos e actividades entregaranse en tempo e forma e deberán cumprir as esixencias de
corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación,
precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado,
etc). Penalizarase a nota dos escritos que non se axusten a esta norma.

O estudantado con dispensa académica de asistencia a clases
entregará o traballo tutelado e realizará actividades alternativas ás
que se fagan nos obradoiros. Poderánse adoptar as adaptacións oportunas para o estudantado con necesidades específicas de aprendizaxe.

Será necesario polo menos un nivel de competencia lingüística en español B1 para cursar esta materia. 

Se, no curso da avaliación, o profesorado tiver algunha dúbida razoable a propósito da autoría do traballo
tutelado, poderá entrevistar ao alumnado durante a revisión de notas para
verificar a mesma. Neste
caso, a entrevista será grabada e servirá para revisar a nota.