Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumno realizará o traballo baixo a dirección dun profesor, que o orientará, realizará un seguimento do proceso de elaboración e autorizará a presentación e defensa do traballo.
Presentación oral O día sinalado no calendario académico do centro, o alumno presentará e defenderá o seu traballo perante unha comisión avaliadora nomeada polo centro, nun tempo máximo de 20 minutos.