Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Baixo a tutela do profesor, os alumnos realizarán un traballo no que poderán aplicar os coñecementos adquiridos na materia.
Lecturas O alumno realizará, fóra da aula, unha serie de lecturas de textos básicos que o profesor lle indicará.
Eventos científicos e/ou divulgativos O alumno asistirá a unha serie de sesións científicas que o profesor lle indicará.
Sesión maxistral O profesor presentará os aspectos xerais do programa e desenvolverá aqueles apartados que considere de especial dificultade; impartiranse nas sesións xerais de carácter expositivo.
Actividades iniciais Sesións nas que se procurará orientar ao conxunto do alumnado acerca da marcha que se pretende dar a esta materia (programa, lecturas, traballos...).
Obradoiro Resolveranse exercicios nos que se apliquen os coñecementos adquiridos na materia.