Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O docente explicará na aula os contidos principais da materia. Inclúense dúas sesións máis sobre a orientación teórica do método chamado "estudo de caso", que servirán como introdución á práctica comparatista.
Presentación oral Os alumnos presentarán na aula os traballos realizados
Estudo de casos Para aplicar á práctica o estudo comparado da cultura e a literatura, se centrarán os estudantes en analizar casos reais e achegados, para o cal se realizarán visitas á Casa-Museo ou Fundación elixida para cursar a materia. Para o estudo de caso acudirán a todo tipo de documentación e ferramentas de análise.
Análise de fontes documentais Realizar procuras bibliográficas a traves das redes, busacar fontes orais (entrevistas) e documentais de procesos culturais da actualidade.
Obradoiro Traballo na aula, seguido e orientado polo docente
Aprendizaxe colaborativa O método de traballo na aula conleva ese tipo de aprendizaxe
Traballos tutelados
Os estudantes realizarán na aula e fóra dela, como tarefa autónoma, un traballo no que irán aplicando o aprendido durante o curso, valorando o que é cientificamente pertinente er manexando a tecnoloxía necesaria para ordenar a información.