Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 Debate na aula na base do exposto nas sesións maxistrais e dos materiais previamente distribuídos (con preferencia, textos) polo profesor e traballados polo alumno en horas non presenciais. Deberán participar todos os alumnos (agás aqueles con dispensa académica e os repetidores con incompatibilidade horaria), o que implica a asistencia obrigatoria ás sesións interactivas.
No apartado de Observacións indícase o traballo que substitúe a asistencia á clase interactiva no caso do alumnado repetidor ou con dispensa académica.
Valorizaranse as intervencións do alumnado na clase interactiva. Poderanse facer controis de asistencia a estas clases.
20
Proba obxectiva B1 B3 B5 B7 C1 Proba escrita (tipo tes) para a avaliación da aprendizaxe. Versará sobre os contidos teóricos e prácticos estudados no curso e recollidos no temario da materia. 50
Obradoiro A1 A2 A10 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 Comentario e debate na aula da novela Los Pazos de Ulloa, de Pardo Bazán. A participación do alumnado presupón a lectura previa dos capítulos que se comentarán no correspondente obradoiro, cada venres. Deberán asistir ao obradoiro todos os alumnos matriculados, agás nos casos de dispensa académica e, se así o desexan, os repetidores, que terán que entregar o traballo escrito substitutivo que se indica no apartado Observacións á avaliación 30
 
Observacións avaliación

1. É obrigatorio ter entregado en tempo e
forma as actividades que computan na avaliación. 

2. As actividades e probas que computan para a nota
final e que fosen aprobadas na primeira oportunidade son liberatorias, é dicir,
non se repiten. Por ex., se o estudante suspende na nota final, pero 
acada un 5 ou superior puntuación na proba tipo test, non terá que voltar
examinarse dela. Deberá recuperar soamente a interactividade e/ou taller,
suspensos.

3. Serán cualificados cun Non Presentado (PN) os
alumnos que non asistan ao exame final escrito (proba obxectiva).

4. As faltas de ortografía e/ou
incorreccións léxico-gramaticais poderán supor unha diminución da nota. 

5. Todos os alumnos matriculados na materia (incluídos
os repetidores e os de dispensa académica) deben entregar unha ficha impresa
con foto actualizada ao profesor coordinador, a fin de facilitar o seguimento e
consigna das súas actividades na aula ou fóra dela. 

6. A materia poderá ser adaptada ao
estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á
diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada
coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na
UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada
cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo
electrónico: pat.filoloxia@udc.gal)

7. Os alumnos en situación de matrícula a tempo
parcial (dispensa académica) e os alumnos repetidores que non asistan ao
obradoiro (venres) presentarán un resumo, capítulo a capítulo, cun comentario
persoal ao final, da novela Los Pazos de Ulloa, de Emilia Pardo
Bazán. O traballo, presentado en papel (NON dixitalizado) ao profesor
coordinador da asignatura (J.M. Vázquez Lijó), terá as seguintes
características: 7 folios (tamaño estándar A4) de extensión, dos que 5 serán de
resumo e 2 de comentario persoal (non conta a páxina de cuberta do traballo, co
nome do alumno e o título do libro); letra Times New Roman 12; interlineado
1,5. A data límite para entregar o traballo será o 15 de abril de 2023. Este
traballo substitutivo computará o 20% da nota final. 

 

8. Os alumnos en situación de matrícula a tempo
parcial (dispensa académica) e os alumnos repetidores que non poidan asistir ás
clases interactivas (discusión dirixida) deberán facer a recensión
bibliográfica do seguinte libro: ÁLVAREZ JUNCO, José e FUENTE MONGE,
Gregorio de la (2017), El relato nacional: historia de la historia de
España
, Madrid, Taurus. O traballo, presentado en papel (NON
dixitalizado) ao profesor coordinador da asignatura (J.M. Vázquez Lijó), terá
estas características: 8 folios (tamaño estándar A4) de extensión, dos que 6
serán de resumo e 2 de comentario persoal (non conta a páxina de cuberta do
traballo, co nome do alumno e o título do libro); letra Times New Roman 12;
interlineado 1,5. A data límite para entregar o traballo será o 15 de abril de
2023.  Este traballo substitutivo computará o 30% da nota final.

 

9. Posibilidades ofrecidas ao alumnado para RECUPERAR
partes suspensas

9.1. Proba obxectiva: todos os estudantes (incluidos
os de dispensa académica e os repetidores) deberán superar un novo exame tipo
test a realizar na data fixada no calendario académico (2ª oportunidade:
xullo) 

9.2. Interactividade (clases dos mércores)

9.2.1. Presentar na data fixada no calendario
académico (2ª oportunidade: xullo) a recensión do libro de ÁLVAREZ JUNCO coas
mesmas características formais sinaladas no punto 8 destas Observacións

9.2.2. No caso de  alumnos con dispensa académica
ou repetidores entregar (se non se fixera na 1ª convocatoria ata o 15 de abril)
ou mellorar a devandita recensión do libro de ÁLVAREZ JUNCO coas mesmas
características formais sinaladas no punto 8 destas Observacións

9.3. Obradoiro (clases dos venres)

9.3.1. Presentar na data fixada no calendario
académico (2ª oportunidade: xullo) o resumo-comentario persoal da obra Los
Pazos de Ulloa
, coas mesmas características formais sinaladas no punto 7
destas Observacións

9.3.2.  No caso de  alumnos con dispensa
académica ou repetidores entregar (se non se fixera na 1ª convocatoria ata o 15
de abril) ou mellorar o resumo-comentario persoal da obra Los Pazos de
Ulloa
, coas mesmas características formais sinaladas no punto 7 destas
Observacións

10. Os alumnos presentados á convocatoria
extraordinaria de decembro concorren nas mesmas condicións sinaladas para a
segunda oportunidade.