Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Obradoiro Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de textos orais de carácter dialectal, o comentario fonético de textos de tipoloxía variada, as prácticas de transcrición fonética e fonolóxica, a resolución de problemas, as discusións dirixidas, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualemente, fornecidas polo profesor. Delas derivaranse resumos e recensións orais por parrte do alumnado nas aulas e ocasionalmente tamén por escrito.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo tutelado relacionado coa oralidade, en que se pretende fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. O título concreto e o seu desenvolvemento deberán ser acordados co profesor. Deste traballo derivará unha presentación oral.
Presentación oral Cada alumno ou alumna realizará unha presentación oral do "Traballo tutelado" e outras exposicións orais relacionadas co "Obradoiro".
Proba mixta Trátase dunha proba escrita que recollerá actividades en que se avalíen os contidos do curso (actividades de carácter ensaístico, transcrición fonético-fonolóxica, comentario fonético de textos etc.).