Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas.
Lecturas Realización dunha seria de lecturas que se inclúen no Paso 8 desta Guía.
Análise de fontes documentais Comentario e análise de diferentes textos seleccionados seguindo a táboa de contidos da materia.
Proba de ensaio Proba escrita en que o alumnado desenvolverá algún dos temas explicados na sesión maxistral, ou comentados e analizados no obradoiro ou nos exercicios de análise de fontes.
Obradoiro Traballo en grupo que se realizará nas horas de aulas interactivas sobre textos que estarán en moodle.