Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Lecturas
Discusión dirixida
Descrición
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.
Á beira do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado pola profesora responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida fundamentalmente para o apoio á realización dos traballos tutelados.
De maneira xeral, cada estudante asistirá, polo menos, a unha sesión de atendemento previa á entrega do traballo final.