Metodoloxías
Lecturas
Análise de fontes documentais
Proba mixta
Descrición
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.
A profesora encargarase de recibir e asesorar o alumnado en todas as cuestións que lle formular; ao tempo tratará en todo momento lle facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas, etc que puideren ser do seu interese.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro.