Metodoloxías Descrición
Presentación oral O día sinalado no calendario académico do centro, o/a alumno/a presentará e defenderá o seu traballo perante unha comisión avaliadora nomeada pola Xunta de Facultade, nun tempo máximo de 20 minutos ou o que indique o tribunal.
Traballos tutelados O/ A estudante realizará o traballo baixo a dirección dun/ha profesor/a, que orientará, realizará un acompañamento do proceso de elaboración e autorizará a presentación e defensa do mesmo.