Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A10 A14 A15 A18 B1 B2 B3 B7 B9 B10 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Será valorado polo/a director/a do traballo segundo o seguinte:

1. Aspectos formais (20%): adecuación ao formato establecido, presentación xeral do texto (exemplos, gráficos, anexos etc.), corrección lingüística.

2. Contido (60%): estrutura do contido (coherente e adecuada ao tema), clareza expositiva, selección e utilización da bibliografía, resultados e conclusións acordes cos obxectivos expostos.

3. Proceso de realización (20%): organización, temporalización, autonomía.
70
Presentación oral A9 B4 B6 C1 Será valorada polo tribunal segundo o seguinte:

1. Exposición (35%): axustada ao tempo, clara e estruturada, corrección e adecuación lingüística.

2. Contido do discurso (35%): capacidade de síntese, atención aos aspectos relevantes do traballo.

3. Resposta ás observacións do tribunal (15%): resposta axeitada a todas as observacións e preguntas.

4. Utilización de medios e materiais de apoio (15%): utilización de forma efectiva e pertinente de medios audiovisuais e/ou materiais de apoio.
30
 
Observacións avaliación

1. O formato establecido para os traballos é o seguinte:

- Terá unha extensión mínima de 9 000 e máxima de 11 000 palabras (para o cómputo non se terán en conta os apartados a), b), c), g) nin h)). Presentarase en PDF con formato A4, con marxes de 2,5 cm, interliñado dobre e letra de 12 puntos. A paxinación dos apartados b) e c) realizarase en numeración romana.

- O traballo incluirá:

a) Capa, na que figurará, obrigatoriamente, o logotipo e o nome da Universidade, o nome da Facultade, a denominación do grao, o título do traballo, o nome do autor ou da autora, o visto e prace do director ou da directora co seu nome e sinatura electrónica, e o ano de presentación. Non se numerará.

b) Índice do traballo con paxinación.

c) Resumo do traballo, que dará conta necesariamente de obxectivos, metodoloxía, unha síntese dos contidos e as conclusións e será aproximadamente de 500 palabras.

d) Introdución, que deberá incluír os obxectivos do traballo e a explicación e a xustificación da metodoloxía utilizada.

e) Traballo.

f) Conclusións.

g) Referencias bibliográficas

h) Anexos (se os houber)

2. A titorización do traballo por parte do director é obrigatoria. Este arbitrará os mecanismos necesarios para o seguimento das diferentes etapas do proceso de elaboración. Non permitirá a presentación e defensa dun traballo que non fose supervisado ao longo da súa elaboración.

3. A cualificación final do traballo é emitida polo tribunal. É necesaria, polo tanto, a presentación oral.

4. Serán cualificados con "Non presentado" os alumnos que no realicen a presentación oral pública ante o tribunal.

5. Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón da ferramenta "Turnitin" e doutras aplicacións para a detección do plaxio e do uso da intelixencia artificial.

6. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).