Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que a profesora explica a contextualización e os elementos necesarios para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Análise de fontes documentais Lectura, análise e comentario de textos poéticos e paratextos (ensaísticos, xornalísticos etc.) sobre as diversas cuestións tratadas. Eventualmente poderán ser solicitados comentarios poéticos por escrito dos textos analizados nas aulas.
Lecturas Lecturas de carácter obrigatorio que serán seleccionadas e fornecidas pola profesora.
Alén disto, cada estudante deberá escoller e ler unha obra pertencente á poesía galega, portuguesa ou brasileira actual de autoría feminina.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido pola profesora, e escollido entre unha serie de propostas presentadas no inicio do curso. Con este traballo preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma, a capacidade de análise, o comentario textual e o manexo de fontes de diverso tipo.
Proba mixta Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e que combinará exercicios de carácter ensaístico con análise de fontes documentais e comentario de textos.