Sesión maxistral |
O profesor exporá os contidos teóricos relativos á literatura inglesa dos séculos XVI ao XVII, tendo en conta o contexto sociocultural. O obxectivo é proporcionar coñecimentos xerais (datos históricos relevantes, sistema de producción, autores, obras e xéneros literarios máis representativos). Os textos de lectura obrigatoria terán unha presencia parcial nestas sesións, pois o profesor comentará autores (por exemplo, Marlowe, Donne ou Behn) e textos (por exemplo, sonetos de Shakespeare ou o ensaio sobre poesía dramática de Dryden) mediante fotocopias ou proxeccións. |
Lecturas |
A lectura das fontes primarias é funfamentalmente traballo fora das clases, pois na clase a lectura tornase en comentario de texto realmente. |
Proba obxectiva |
Haberá un exame final oficial escrito iobrigatorio (1ª oportunidade) que representará o 50 por cento da nota final e que consistirá na elaboración, perante un tempo determinado, dun ensaio académico ou comentario de texto sobre algunha(s) das oito lecturas, mais unha pregunta breve sobre datos dos seminarios e lección maxistrais. O alumno debe obter unha nota mínima total de 4 sobre 10 (en realidade, 2 sobre 5) para facer media. |
Presentación oral |
Algún alumno (poucos) podrá facer unha presentación oral dun traballo curto durante o curso. O tema será un aspecto moi concreto dun dos 8 textos obrigatorios. Será breve (8-9 minutos) e integrarase con unha discusión dirixida posterior. Esta sí que é unha actividade que o alumno ten que preparar fora da aula. |
Proba de resposta múltiple |
Duranto o curso, en datas prefixadas e comunicadas a través de Moodle, haberá 4 tests de preguntas específicas sobre as lecturas obxecto de estudo, para comprobar e incentivar a lectura continua. Non é unha actividade fora da clase realmente, pois o alumno simplemente ten que ler as fontes e membrar as historias. Un test de 15 minutos cada duas lecturas obrigatorias. Cada test valdrá 0,5 puntos: dous puntos ou 20% da validación en total. |
Discusión dirixida |
Se debatirán aspectos das obras do corpus nas clases interactivas. As veces se integrarán cunha exposición oral . |