Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
Para a realización do traballo tutelado e a presentación oral é fundamental que o estudantado informe a profesora ao longo do trimestre dos avances que vai facendo.

Ao menos dúas veces ao cuadrimestre todo o alumnado debería facer unha titoría coa profesora, ben en persoa nas horas de titoría, ben por correo electrónico. Nesa titoría darase atención personalizada a cada alumno e alumna, aínda que tamén se fará seguimento individual do alumnado para observar o seu progreso nas aulas de DI e TGR.