Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A4 A5 A8 A14 A18 A19 A24 A25 A27 A28 A32 A33 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Ao rematar a matería o alumno prersentará un traballo resumo de todolos temas tratados a partir de un caso práctico


20
Traballos tutelados A4 A5 A8 A14 A18 A19 A24 A25 A27 A28 A32 A33 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Periodicamente entregarase un traballo relacionado cos temas desenvolvidos nos seminarios 20
Proba obxectiva A4 A5 A8 A14 A18 A19 A24 A25 A27 A28 A32 A33 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A fin do curso farase unha proba obxectiva na que se recollerñán os conceptos teóricos explicados perante o curso


40
Saídas de campo A4 A5 A14 A18 A19 A25 A28 A32 A33 Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc.

20
 
Observacións avaliación

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia, concedida oficialmente pola UDC segundo a
súa normativa, poderá facer os traballos obrigatorios non presenciais, e
facelos chegar ao profesor para á súa avaliación. Neste caso, o exame, que será
específico para estes alumnos, terá un valor do 80% da cualificación, sempre
que obtivesen un mínimo de 5 sobre 10 na parte práctica. 

En todos os casos, para que as porcentaxes entren en funcionamento é necesario obter polo menos un cinco (5) en cada unha das partes. No caso de suspender unha das partes a materia quedará suspensa. 

No caso de producirse a entrega de traballos, pero non acudir á realización da proba obxectiva, a cualificación será de Non Presentado

Para o alumnado
con matrícula ordinaria é obrigatoria a asistencia a TODAS as saídas de campo e
a participación en TODOS os seminarios organizados con invitados externos. Caso
de non asistir a algún deles os contidos quedarán pendentes e serán avaliados nunha
proba específica.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Turismo.