Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas de aula, nas que se expoñerán os contidos fundamentais da asignatura.
Inclúen unha motivación de cada tema, o seu desenvolvemento conceptual, utilidade, ventaxas e inconvenientes das técnicas descritas, e un resumo final.
Lecturas O alumnado contará cunha bibliografía básica para a asignatura. Para cada tema recomendaranse capítulos ou seccións específicos que axudan a asimilar os conceptos e técnicas descritos.
Prácticas de laboratorio Nas clases de laboratorio introduciranse novas tecnoloxías, fundamentalmente prácticas e implementables en computadora, de forma que axuden a desenvolver as competencias procedimentais.
Proba mixta Exame da asignatura, que consta de preguntas teóricas e prácticas.
Traballos tutelados Realizarase un traballo en equipo, baixo a tutela do profesorado, que fai énfase nas habilidades procedimentais e na capacidade de traballo en equipo
Seminario Realizaranse discusións sobre exercicios plantexados na clase, intercalados nas sesións maxistrais, co que se plantexa unha alta participación do alumnado na resolución dos exercicios.