Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Resolución de problemas e casos prácticos na aula de informática e pola sua conta, que permiten ao alumno familiarizarse desde un punto de vista práctico coas cuestións expostas nas clases teóricas.
Traballos tutelados Encargo de traballos de recollida de información e análise relacionados coa teoría e os coñecementos adquiridos nas clases prácticas
Proba mixta Avaliación dos coñecemetos mediante unha proba escrita ou, se fose convinte, oral
Sesión maxistral Clases teóricas, nas que se expón o contido de cada tema. O alumno disporá de copias das transparencias con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno.