Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Nestas clases se realizan tarefas dirixidas que permitan ao alumno familiarizarse desde un punto de vista práctico cos contidos expostos nas clases teóricas.
Traballos tutelados Realización de traballos, nos que o alumno ten que empregar os coñecementos adquiridos para resolver distintos problemas de forma autónoma.
Proba mixta Realización dunha proba de avaliación da materia.
Sesión maxistral Clases teóricas, nas que se expón o contido de cada tema. O alumno disporá de todo o material necesario antes da clase e o profesor promoverá unha actitude activa, realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno.