Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A8 A9 B1 B6 B7 C1 C2 C7 C8 A asistencia ás sesións maxistráis é obrigatoria. Cómpre un 80% de asistencia para poder superar a materia.
Avaliarase o aproveitamento desta parte mediante un exame no que o alumnado cumplimentará un test de resposta múltiple, puidendo plantexarse a resolución de exercicios de cálculo semellantes aos resoltos nas sesións.
70
Prácticas a través de TIC B2 B5 B8 C3 A asistencia a prácticas é obrigatoria. Cómpre un 80% de asistencia para poder superar a materia.
Avaliarase o aproveitamento das prácticas mediante un exame no que o alumnado resolverá unha serie de exercicios utilizando o propio portátil. Este exame poderá ser o mesmo día ca o exame de teoría ou nunha data diferente consensuada co alumnado.
30
 
Observacións avaliación

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, os profesores adoptarán as medidas que consideren oportunas para non perxudicar a súa cualificación.