Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 A3 B2 B5 B7 Proba escrita sobre os contidos presentados nas clases maxistrais e nas prácticas de laboratorio. 30
Presentación oral A2 C1 C3 Presentación ante o profesor e o resto da clase dos resultados do traballo tutelado.

É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar a asignatura completar esta presentación e asistir de forma activa ás presentacións dos compañeiros.
10
Prácticas de laboratorio A2 B2 B5 C3 A puntuación obterase mediante a correcta realización dun exercicio práctico e a asistencia as prácticas de laboratorio. 20
Traballos tutelados A2 C1 C3 Realización dun traballo tutelado que rematará coa entrega dun informe escrito. A nota deste traballo dependerá da calidade tanto dos resultados obtidos como do informe.

É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar a asignatura entregar o devandito informe e obter como mínimo un 25% da súa puntuación (que equivale a un 10% do total da asignatura)
40
 
Observacións avaliación

É necesario para aprobar a materia:

- Obter unha cualificación global igual ou superior ó 50%.

- Obter unha cualificación no traballo tutelado igual ou superior a 2.5/10.

- Completar a presentación oral.

En caso de obter
unha cualificación global igual ou superior ao 50% pero non cumplir con
algunha das condicións necesarias a cualificación será un Suspenso (4.5).

Na segunda oportunidade se permitirá recuperar o 80% da
calificación: traballo tutelado, presentación oral e proba obxectiva. Únicamente a cualificación de prácticas de laboratorio non se poderá recuperar. A cualificación das prácticas de laboratorio obtida na primeira oportunidade mantense de cara á segunda oportunidade.

A cualificación dos alumnos con matrícula a tempo parcial seguirá as mesmas pautas ca os de matrícula ordinaria. Estes alumnos tamén están obrigados a asistir á presentación oral dos compañeiros para poder aprobar a materia. A asistencia ás clases maxistrais e ás prácticas de laboratorio non é obrigatoria para ningún alumno.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspesno
"0" na materia na oportunidade correspondente