Metodoloxías
Sesión maxistral
Seminario
Descrición
Durante as sesións maxistrais e os seminarios, atenderanse e resolveranse as dúbidas relacionadas co desenvolvemento das aulas, os contidos da materia, a elaboración e presentación de traballos e a avaliación.

Desenvolveranse titorías individuais ou grupais a demanda do alumnado durante os horarios de titorías do profesorado, ou noutro horario acordado por ambas as partes. Desenvolveranse a través de Teams, preferentemente, mais tamén por Moodle, teléfono ou email.

Para o alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso e a demanda da/o propia/o alumna/o un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.