Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Os traballos tutelados permiten ao alumno familiarizarse dende un punto de vista práctico coas cuestións expostas nas clases teóricas.
Seminario Presentación de exemplos de proxectos de investigación no ámbito da bioinformática
Solución de problemas Posta en práctica dos conceptos explicados nas sesións maxistrais.
Sesión maxistral Exporanse en clases teóricas os conceptos que o alumno debe coñecer para empezar unha carreira investigadora con éxito e desenvolver proxectos colaborativos utilizando as ferramentas dispoñibles.