Metodoloxías Descrición
Presentación oral O traballo fin de mestrado será defendido frente a un tribunal que será establecido pola Comisión Académica para cada convocatoria
Aprendizaxe servizo Desenvolvemento do traballo no contexto de necesidades reais da súa contorna coa fin de mellorala, en colaboración con algunha entidade e co obxectivo de proporcionar un servizo á comunidade.

Esta metodoloxía constitúe unha posible modalidade (non obrigatoria) de desenvolvemento do TFM
Traballos tutelados O alumno deberá facer un traballo no ámbito da bioinformática ou a informática da saúde orixinal tutorizado por un profesor da titulación coa posibilidade de codirección de outros profesionais ou investigadores relacionados coa temática do traballo