Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A25 B1 B3 B7 C3 Resolución de exercicios prácticos relacionados coas sesións maxistrais. Valorarase a adecuación das solucións propostas aos problemas, a calidade dos resultados obtidos e a comprensión das técnicas utilizadas. 40
Investigación (Proxecto de investigación) A25 A26 B5 B7 C3 Resolución de casos prácticos. Valorarase a adecuación das solucións propostas aos problemas, a calidade dos resultados obtidos e a comprensión das técnicas utilizadas. 60
Proba mixta A24 A27 B1 B7 Proba escrita con cuestións teóricas e problemas prácticos a resolver. 0
 
Observacións avaliación
A entrega das prácticas de laboratorio ao longo do curso supón o 40% da cualificación final. De forma alternativa, pódese alcanzar o 40% da cualificación final realizando a proba mixta. A presentación das prácticas de laboratorio exime da realización da proba mixta. 

Se o alumnado entrega as prácticas de laboratorio e se presenta posteriormente á proba mixta, prevalecerá a cualificación obtida na proba mixta. 

Considerarase non presentado/a a quen non entregue ningunha das probas. 

Na segunda oportunidade: 

  • No caso dun non presentado/a na primeira oportunidade, a avaliación farase en función do proxecto de investigación (ata o 60% da cualificación total) e a proba mixta (ata o 40% da cualificación total).  
  •  Se o/a estudante entregou as prácticas de laboratorio e/ou os proxectos de investigación pero non alcanzou o aprobado na primeira convocatoria, conservarase a cualificación obtida para a segunda oportunidade en cada unha das partes. Para acadar a nota necesaria para aprobar, o/a estudante deberá entregar os proxectos non presentados/aprobados e/ou realizar a proba mixta.