Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Están dirixidas a que o alumando adquira destreza na implementación e uso das téncicas de minería de procesos. Expondrase ao alumnado un proxecto que se deberá resolver ao longo da materia. A resolución deste proxecto require a comprensión e a aplicación dos contidos teórico-prácticos incluidos nos contidos da materia.

Polo tanto, nas prácticas de laboratorio seguirase unha metodoloxía de aprendizaxe por proxectos. A asistencia a estas prácticas de laboratorio é OBRIGATORIA.
Sesión maxistral Están dirixidas a explicar os conceptos e as características de minería de procesos, facendo especial énfasis no tipo de problemas que resolve e as distintas clases de técnicas que se poderán aplicar para resolver cada unha delas.
Ademáis, nestas clases farase referencia ao proxecto que se desenvolverá ao longo da materia, resaltando a problemática de cada un dos aspectos que se deberán abordar para resolvelos.