Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Nesta actividade se realizan tarefas autónomas, ainda que con instruccións do profesorado, que permitan ao alumno familiarizarse desde un punto de vista práctico cos contidos expostos nos materiais de lectura sobre os contidos da materia.
Traballos tutelados Realización de traballos, nos que o alumno ten que empregar os coñecementos adquiridos para resolver distintos problemas de forma autónoma.
Proba mixta Realización dunha proba de avaliación da materia.
Lecturas Lectura e visionado de material relativo ao contido de cada tema. O alumno disporá de todo o material necesario segundo o calendario da materia. O profesor promoverá unha actitude activa, promovendo que o estudante formule preguntas que permitan aclarar aspectos concretos. O material deixará cuestións abertas para a reflexión do alumno.