Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A4 A5 B3 C7 Tanto na PRIMEIRA OPORTUNIDADE como na SEGUNDA OPORTUNIDADE será OBRIGATORIO superar unha proba escrita que suporá o 60% do global da nota.
Para superar dita proba mixta, cómpre conseguir como mínimo 2.4 puntos sobre 6 (é dicir, o 40% da nota máxima da Proba Mixta).

- Puntuación máxima: 6.0 puntos
- Nota mínima: 2.4 (sobre 6.0)
60
Prácticas de laboratorio A4 C2 C3 Realizaranse varias prácticas ao longo do curso que serán avaliadas.

- Puntuación máxima: 4.0 puntos
- Nota mínima: non requerida
40
 
Observacións avaliación

Os/as alumnos/as deberán conseguir como mínimo un 5 sobre 10 ao sumar as súas notas correspondentes á proba mixta e ás prácticas de labotarorio.

Será ademáis obrigatorio, obter como mínimo o 40% da nota máxima na proba mixta. En caso contrario, non se superará a asignatura aínda que a nota final do/a estudiante (incluíndo prácticas e proba mixta) sexa >=5. Neste caso, a nota máxima GLOBAL na materia será como máximo 4.9 e, polo tanto, a materia considerarase SUSPENSA.
- Primeira oportunidade:

  • Proba mixta: [60%]: Carácter obrigatorio: Os/as estudantes deberán realizar unha proba-mixta que incluirá contidos de cada bloque/tema da materia.
  • Prácticas de laboratorio: [40%]: Carácter opcional: Os/as estudantes que, ao longo do primeiro cuadrimestre, non realicen algunha das probas avaliables correspondentes ás "prácticas de laboratorio" (por exemplo, os/as que non asistan a clase o día da proba), recibirán un "cero" na proba correspondente, pero poderanse presentar igualmente á proba mixta e superar a asignatura na primeira oportunidade.

- Segunda oportunidade: Durante a segunda oportunidade será posible recuperar o 100% da nota tanto das prácticas de laboratorio como da proba mixta.

  • Proba mixta: [60%]: é obrigatoria a súa realización. Non se garda a nota da primeira oportunidade.
  • Prácticas de laboratorio: [40%]: Consérvanse as cualificacións da primeira oportunidade, pero é posible realizar un exame de prácticas opcional (asociado á proba mixta) para recuperar a máxima nota (isto supón renunciar á nota “de prácticas” acadada na primeira oportunidade).

- Atención a estudantes con matrícula a tempo parcial: De darse o caso de que ao longo do primeiro cuadrimestre non puidesen asistir, no horario que lle corresponda ao seu grupo, a algunha das probas avaliables (ex. "prácticas de laboratorio"), e sempre que o comuniquen coa suficiente antelación para integralos nalgún dos outros grupos existentes, tratarase de facilitarlles o cambio de data da proba.

-Copia e/ou plaxio: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, será penalizada de acordo co establecido no Artigo 14 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e mestrado da UDC.