Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e manexar a linguaxe simbólica, formalizar argumentos lóxicos e probar a validez destes. Coñecer o concepto de Álxebra de Boole e as súas propiedades e aplicar ditas propiedades para simplificar expresións booleanas. A1
A3
B3
C1
Coñecer os conceptos básicos da teoría de conxuntos e aplicacións. A1
A3
B1
Coñecer as técnicas de reconto e as súas aplicacións. A1
A3
B1
B3
Coñecer os conceptos fundamentais da teoría de relacións e grafos e a súa aplicación á resolución de problemas. A1
A3
B1
Coñecer as definicións e resultados básicos sobre máquinas de estado finito, autómatas finitos deterministas e expresións regulares. A1
A3
Desenvolver a capacidade de abstracción, concreción, concisión, imaxinación, intuición, razoamento, crítica, obxectividade, síntese e precisión, para utilizalas en calquera momento da actividade académica ou laboral, co fin de poder afrontar con garantías de éxito os problemas que se formulen. A1
A3
B3
B7
B9
C1
C6
Adquirir ferramentas e destrezas para resolver os problemas de forma axeitada. Expresar e interpretar de forma precisa os resultados obtidos. Verificar o resultado e, en caso de obter unha incongruencia, revisar o proceso para detectar o erro cometido. A1
A3
B3
B7
B9
C1
C6