Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Nas sesións en grupos reducidos, resólvense as dúbidas formuladas polo alumnado, en especial cando sexan comúns a varios deles ou ilustren un caso interesante. Se a cuestión é máis particular ou non queda plenamente resolta para algún estudante, trataríase nas horas de titoría individualizada.

O alumnado poderá revisar todas as probas realizadas ao longo do curso co fin de:

- Coñecer as respostas correctas e ser consciente dos erros cometidos,
- Comprobar que a cualificación obtida axústase aos criterios de avaliación establecidos.