Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción de fases de debate cos estudantes. Todo iso coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Se farán sesións maxistrais sobre gran parte dos contidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas para cada punto.

Neste tipo de sesións se fomentará a adquisición dos coñecementos asociados á competencia A15.
Solución de problemas Clases na que o profesor resolverá un número dado de problemas que permitirá afianzar os conceptos plantexados nas clases maxistrais.

Neste tipo de sesións se fomentará a adquisición das competencias A15, B1 xa que se encamiñan a mellorar a capacidade do alumno de resolver problemas relacionados coa arquitectura de computadores.
Prácticas de laboratorio Actividade que permite ós estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas en ordenadores.

Permitirán ós alumnos familiarizarse cos aspectos prácticos da asignatura. As sesións se completan cunha serie de cuestionarios na ferramenta Moodle que permiten ós alumnos comprobar o nivel de coñecemento adquirido nas sesións de prácticas.

Neste tipo de sesións fomentarase a adquisición da competencia A15, xa que a realización das prácticas require a capacidade do alumno de resolver problemas de arquitectura de computadores. Como teñen que utilizar o seu coñecemento para resolver os problemas que se lles plantexa, tamén se exercita a competencia C6.

Proba obxectiva Actividade realizada para a evaluación do coñecemento e as capacidades adquiridas polos alumnos con esta materia.

Consiste nunha proba escrita con preguntas para a evaluación individual obxetiva de cada alumno.

En esta proba se comprobará a adquisición da competencia A15.
En xeral todas as actividades de evaluación fomentan a adquisición da competencia C7, ya que se pon en valor a importancia da aprendizaxe.