Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas de aula. Nelas exporanse os contidos fundamentais da materia. Constan de exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resumen.
Solución de problemas Clases de problemas onde primeiro se expón un problema a solucionar. A continuación déixase algún tempo para que o/a alumno/a intente solucionalo e reflexione sobre distintos aspectos a tratar para resolvelo. Finalmente resólvese na pizarra, posiblemente mostrando erros típicos nas solucións aportadas polos alumnos/as.
Prácticas de laboratorio Nas clases de laboratorio expóñense os coñecementos necesarios para adquirir as habilidades propostas. Nas prácticas de laboratorio realizaranse os exercicios que leven a desenvolver as súas competencias procedimentais.
Traballos tutelados Proporase un traballo de modelización conceptual e lóxica dunha base de datos, que o estudante deberá desenvolver pola súa conta, coa asistencia puntual dos docentes. Para revisar o resultado final concertarase unha reunión entre o estudante e o docente.
Proba mixta Exame da materia que combinará preguntas sobre a teoría con problemas a resolver.