Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A18 B1 B3 C6 Tanto na PRIMEIRA OPORTUNIDADE como na SEGUNDA OPORTUNIDADE haberá que superar unha proba escrita convencional que suporá o 75% do global da nota.

Para aprobar a materia globalmente hai que conseguir na proba escrita unha NOTA MÍNIMA de 3.5 (sobre 7.5). Non sendo así, a nota máxima GLOBAL da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 (e polo tanto a materia se considerará SUSPENSA)

Puntuación máxima: 7.5 puntos
Nota mínima para aprobar: 3.5 (sobre 7.5)

75
Prácticas de laboratorio A18 A19 B1 C3 Para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

-Proba de linguaxe SQL (Puntuación máxima 1 pt).

Para a SEGUNDA OPORTUNIDADE:

-Proba de linguaxe SQL (Puntuación máxima 1 pt).

10
Traballos tutelados A18 B1 B3 B4 C3 C6 Para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

-Deseño e implementación dunha BD (Puntuación máxima 1.5 pt).

Para a SEGUNDA OPORTUNIDADE:

-Non se pode recuperar. Consérvase a nota da primeira oportunidade.
15
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

  • Na PRIMEIRA OPORTUNIDADE terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba escrita.
  • De acordo coa a normativa da UDC, de superaren a asignatura na PRIMEIRA OPORTUNIDADE, o/a estudante non poderá volver a presentarse na SEGUNDA OPORTUNIDADE para intentar mellorar a súa nota.
  • Se se suspende a asignatura na PRIMEIRA OPORTUNIDADE, o/a estudante pode decidir volver a avaliarse da proba de linguaxe de SQL ou da proba escrita (ou de ambas) na SEGUNDA OPORTUNIDADE.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
  • Na SEGUNDA OPORTUNIDADE terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non opte a recuperar ningunha das partes (proba escrita e/ou proba de linguaxe SQL)
  • No caso de realizar a recuperación dunha proba, a nota final na proba será a que obteña nesta segunda oportunidade (sexa maior ou menor que a da primeira oportunidade).
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de unha das dúas probas, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa proba.

DISPENSA ACADÉMICA 

  • Aqueles/as
    estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles
    exima da asistencia ás clases poderán realizar (e entregar) a
    totalidade (ou parte) das prácticas e traballos pola súa conta. No caso
    de actividades que requiran dun equipamento específico, ou planificadas
    nunha data e hora concretas, se lles facilitará, dentro do posible, unha
    alternativa viable se a solicitan.

OPORTUNIDADE ADIANTADA 

  • A avaliación na oportunidade adiantada consistirá unicamente nunha
    proba escrita que computará o 100% da cualificación.