Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A17 B1 B3 C2 C3 A práctica estructúrase en 2 partes (chamadas iteracións). É obrigatorio presentar ambas iteracións. A corrección de cada iteración realízase mediante unha defensa dos membros do grupo có profesor. A corrección da primeira iteración non leva asociada unha nota, pero a súa entrega é obrigatoria, e debe obrigatoriamente cumprir cos requisitos establecidos no enunciado da práctica para a devandita iteración. O profesor pon a nota da práctica despóis da corrección da segunda iteración. É preciso obter polo menos un 5 sobre 10 na práctica para aprobar a materia. 32
Proba de resposta múltiple A17 B1 B3 C3 C6 O examen será tipo test e pode constar tanto de cuestións directas como de pequenos problemas de deseño que o alumno debe resolver cos conceptos explicados en teoría e que foron usados na parte práctica. É necesario obter polo menos un 4 no exame para aprobar a materia. 60
Traballos tutelados A17 B1 B3 C3 C4 A realización dos traballos tutelados é opcional. 8
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario obter como mínimo un 4 sobre 10 no exame teórico e un 5 sobre 10 na práctica de laboratorio, e ademáis a media ponderada (60% teoría, 32% práctica e 8% traballos tutelados) ten que acadar o 5.

No caso de alumnos matriculados a tempo parcial flexibilizaranse as horas de defensa de prácticas para adaptarse ós horarios laborais dos alumnos, sempre dentro do prazo máximo de entrega fixado para todos os alumnos.