Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A17 B1 B3 C2 C3 A práctica estructúrase en 2 partes (chamadas iteracións). É obrigatorio presentar ambas iteracións. A corrección de cada iteración realízase mediante unha defensa dos membros do grupo co profesor. A corrección da primeira iteración non leva asociada unha nota, pero a súa entrega é obrigatoria, e debe obrigatoriamente cumprir cos requisitos establecidos no enunciado da práctica para a devandita iteración. O profesor pon a nota da práctica despóis da corrección da segunda iteración. 32
Proba de resposta múltiple A17 B1 B3 C3 C6 O examen será tipo test e pode constar tanto de cuestións directas como de pequenos problemas de deseño que o alumno debe resolver cos conceptos explicados en teoría e que foron usados na parte práctica. 60
Traballos tutelados A17 B1 B3 C3 C4 A realización dos traballos tutelados é opcional. Pódense presentar ca segunda iteración da práctica. 8
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter:

  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na avaliación da práctica.
  • Un mínimo 4 puntos (sobre 10) no exame tipo test.
  • Un
    mínimo de 5 puntos (sobre 10) na nota final, que se calcula coma: 0,60*notaExame + 0,32*notaPractica + 0,08*notaTraballosTutelados.

No caso de alumnos matriculados a tempo parcial flexibilizaranse as horas de defensa de prácticas para adaptarse ós horarios laborais dos alumnos, sempre dentro do prazo máximo de entrega fixado para todos os alumnos.