Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de contidos teóricos e exemplos prácticos.
Solución de problemas Plantexaránse problemas e discutiranse as solucións, fomentando a participación do alumnado.
Lecturas O profesorado indicará unha serie de lecturas específicas (normalmente capítulos ou seccións da bibliografía básica ou complementaria) para cada tema. É recomendable que o alumnado as lea antes das sesións maxistrais dese tema.
Proba mixta Proba que combina conceptos teóricos, prácticos e problemas. O formato decidirase no curso, podendo ser un exame escrito, unha proba Moodle ou entrega dun traballo.
Prácticas de laboratorio O obxectivo fundamental das prácticas de laboratorio é desenvolver as competencias procedimentais.

Por unha parte, realizaranse exercicios que permitan madurar e asentar os coñecementos explicados nas clases teóricas. Por outra, explicaranse novos conceptos e apoiaranse tamén coa realización de exercicios prácticos.
Traballos tutelados Proporanse traballos que o alumnado terá que levar a cabo.
Os prazos e as normas de entrega estableceranse durante o curso.