Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
No esquema de carácter práctico utilizado nesta materia, as tutorías resultan un recurso fundamental moi utilizado polos alumnos. Estas utilízanse desde o inicio do curso, xa que é onde os alumnos comentan as súas ideas sobre posibles dominios de aplicación do Sistema Baseado en Coñecemento para o traballo tutelado co que se lles avalía. Ao mesmo tempo a profesora asegúrase de que o dominio finalmente elixido sexa factible como práctica da materia.

Máis tarde, as tutorías utilízanse para comentar as numerosas dúbidas que xorden na elaboración dos documentos do traballo tutelado e da orientación das presentacións destes traballos. Neste sentido, os alumnos poden realizar dous tipos de tutorías: virtuais e presenciais. As primeiras poden utilizalas para realizar dúbidas moi concretas de resposta rápida. As máis comúns iranse depositando nun apartado de "Preguntas Frecuentes" que deberán consultar antes de enviar unha nova pregunta.