Metodoloxías
Obradoiro
Prácticas de laboratorio
Presentación oral
Descrición
No esquema de carácter práctico utilizado nesta materia, as titorías resultan un recurso fundamental moi utilizado polos alumnos. Estas utilízanse desde o inicio do curso, xa que é onde os/as estudantes comentan as súas ideas sobre posibles dominios de aplicación do Sistema Baseado en Coñecemento para o traballo tutelado co que se lles avalía. Ao mesmo tempo a profesora asegúrase de que o dominio finalmente elixido sexa factible como práctica da materia.

Máis tarde, as titorías utilízanse para comentar as numerosas dúbidas que xorden na elaboración das prácticas, orientalas correctamente e facer un seguemento contínuo dos/as estudantes.

A atención personalizada se realiza a través dos seguintes canles:

- Correo-e: De uso pra facer consultas de resposta curta ou solicitar encontros para resolver dúbidas.
- Teams: De uso nos horarios oficiais de titorías nos que se garante unha resposta inmediata. Non entanto, dado o elevado número de estudantes, recoméndase solicitude previa de tutoría via correo-e.
- Moodle: Poránse a disposición dos/as estudantes “foros temáticos" que resolvan dúbidas xerais ligadas a actividades específicas como as prácticas.