Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A53 B1 C6 C7 C8 Os alumnos resolverán un problema complexo integrando diferentes tecnoloxías. Aínda que se proporán traballos a realizar, incentivarase que os alumnos desenvolvan, deseñen e resolvan propostas propias.

É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar a asignatura entregar en prazo este traballo, que inclúe parte de prácticas de laboratoria e parte de traballos tutelados, así como obter como mínimo o 50% da puntuación máxima asignada ao mesmo. Este traballo realizarase preferentemente en grupos, pero cada membro do mesmo será avaliado individualmente.
40
Prácticas de laboratorio B1 B3 C6 A avaliación das prácticas de laboratorio e dos traballos tutelados se realizará de forma conxunta nunha única defensa final. Ver o apartado sobre avaliación dos traballos tutelados. 20
Proba mixta A53 B1 B3 C6 Proba sobre os contidos presentados na docencia expositiva e desenvolvidos nas sesións de laboratorio e nas titorías grupais.

É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar obter como mínimo o 40% da puntuación máxima da proba mixta.
40
 
Observacións avaliación

É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar obter unha cualificación global, aplicando as ponderacións da proba mixta, das prácticas de laboratorio e dos traballos tutelados igual ou superior ao 50%. En caso de obter unha cualificación global igual ou superior ao 50% pero non cumplir con algunha das condicións necesarias a cualificación final será un Suspenso (4.9).

O mecanismo de recuperación que se habilitará na segunda oportunidade de xullo incluira un novo prazo de presentación de traballos tutelados, que será anunciado atendendo á data da proba mixta fixada pola Facultade. As condicións de avaliación da segunda oportunidade serán as seguintes:

  • A cualificación do traballo tutelado obtida na convocatoria de xuño poderá ser conservada ou reavaliada, a elección do estudante, unicamente se a nota do traballo tutelado é inferior ao 50%. En todo caso, a presentación dun novo traballo suporá a renuncia á nota obtida anteriormente.
  • A puntuación da proba mixta obtida no convocatoria de xuño poderá ser conservada ou reavaliada, a elección do estudante, unicamente se a nota da proba mixta é inferior ao 50%. A presentación dunha nova proba mixta suporá a renuncia á nota obtida anteriormente.
  • Mantéñense as condicións globais necesarias para aprobar requeridas na primeira oportunidade de xuño.
En ningún caso se manterán as notas obtidas entre diferentes convocatorias (é dicir, a nota obtida en calquera das probas avaliadas no curso académico 2018/2019 non será tida en conta durante o curso 2019/2020)

Exemplos de avaliación:

  1. O estudante A acada a máxima puntuación na proba mixta, e 2 puntos sobre 6 no traballo tutelado. A nota ponderada correspondente é un 6, mais ao non acadar o 50% da nota do traballo tutelado a súa nota en actas é un 4.9 (Suspenso). 
  2. O estudante B acada a máxima puntuación no traballo tutelado. Non obstante, obtén un 3.5 sobre 10 na proba mixta. A nota ponderada correspondente é un 7.40, mais ao non acadar alomenos o 40% da puntuación máxima da proba mixta a súa nota en actas é un 4.9 (Suspenso).
  3. O estudante C acada un 3 sobre 6 no traballo tutelado e un 4 sobre 10 na proba mixta. A súa nota ponderada correspondente é un 4.6 (Suspenso). Na segunda oportunidade de xuño, non poderá entregar un novo traballo tutelado, ao ter superada esta proba por alcanzar o 50% da nota do mesmo. Deberá acudir á proba mixta de xullo, conservando a nota do traballo tutelado. A nota da segunda oportunidade obterase ponderando a nova nota da proba mixta (aínda que esta sexa menor ao 4 sobre 10 de xuño) co 3 sobre 6 do traballo.

Os alumnos que non se presenten á proba mixta nin entreguen o traballo final obterán unha cualificación de "Non presentado". Presentarse a calquera das probas de avaliación e non acadar a nota mínima esixida para a superación da asignatura suporá unha cualificación de "Suspenso".


Non se fará ningunha consideración especial cara aos alumnos con matrícula a tempo parcial.