Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A18 A19 A56 B1 B3 C3 C4 C6 C7 C8 Consistirá en probas ou entregas periódicas.
A nota máxima será de 3 puntos sobre o total de 10 da asignatura.
Estas probas repetiranse na segunda oportunidade.
30
Proba mixta A18 A19 A56 B1 B3 C4 C6 C7 C8 A nota máxima será de 4 puntos sobre o total de 10 da materia.
Proba na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos. Poderá ser un exame escrito, unha entraga de traballo ou proba en Moodle.
Repetirase na segunda oportunidade.
40
Traballos tutelados A18 A19 A56 B1 B3 C3 C4 C6 C7 C8 Entregas de traballos de corte eminentemente práctico. A nota máxima dos traballos será de 3 puntos.
Repetirase na segunda oportunidade.
30
 
Observacións avaliación


NON PRESENTADO

Na primeira oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO
calquera estudante que non realice a proba mixta.

Na segunda oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO
calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha parte.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles
estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. 

Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de
algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira
oportunidade nesa parte. Se a realiza, a nova nota subsituirá á anterior, sexa esta maior ou menor.

DISPENSA ACADÉMICA

O alumnado con matrícula a tempo parcial e dispensa académica
que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos
docentes para buscar unha alternativa á avaliación das prácticas
de laboratorio.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

A avaliación na oportunidade adiantada consistirá unicamente
nunha proba o entrega de traballo que computará o 100% da
calificación.


p { margin-bottom: 0.25cm; direction: ltr; line-height: 115%; text-align: justify; orphans: 2; widows: 2; background: transparent }