Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais compoñense de clases presenciais nas que os profesores desgranan os conceptos da materia con axuda de dispositivas e o encerado. Pretendese que, os alumnos, adquiran os coñecementos básicos que despóis lles permita acometer con garantías e comprender mellor o traballo realizado en prácticas.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio dividense fundamentalmente en duos partes. Unha na que se exploran os conceptos básicos de recorte, transformaciones e debuxo de formas básicas. Esta parte lévase a cabo utilizando OpenGL como ferramenta básica. Por outra parte, se lles presenta aos alumnos os conceptos básicos de iluminación, transformacións, extrusións, traballo con materiais e otros conceptos en 3D. Para acometer esta parte os alumnos contan có apoio dun programa de deseño e renderizado en 3D, o cal facilita o traballo con estes conceptos.
En ambos los dous casos, o desenrolo plantease mediante a realización dunha serie de exercicios diarios có apoio dun tutorial online, que os alumnos deben completar no horario de prácticas. Estes exercicios son puntuados in situ o mesmo día polo profesor de prácticas. O rematar cada unha das partes, os alumnos deben realizar un exercicio máis complexo có aprendido nos tutoriáis pero esta vez sen una guía que lles marque os pasos a seguir.
Proba obxectiva Tratase dunha proba mixta con unha parte tipo test, pero tamén con preguntas de desenrolo nas que os alumnos deben demostrar os coñecementos adquiridos tanto de conceptos teóricos, como demostrar o seu coñecemento de como aplicalos.