Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas de aula. Nelas expoñeranse os contidos fundamentais da asignatura. Constan de exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resume.
Solución de problemas En grupos reducidos, plantexaránse problemas e discutiranse as solucións, fomentando a participación e interacción entre o alumnado.
Lecturas O profesorado indicará unha serie de lecturas específicas (normalmente capítulos ou seccións da bibliografía básica ou complementaria) para cada tema. É recomendable que o alumnado as lea antes das sesións maxistrais dese tema.
Prácticas de laboratorio O obxectivo fundamental das prácticas de laboratorio é desenvolver as competencias procedimentais.

Por unha parte, realizaranse exercicios que permitan madurar e asentar os coñecementos explicados nas clases teóricas. Por outra, explicaranse novos conceptos e apoiaranse tamén coa realización de exercicios prácticos.
Proba mixta Exame da asignatura, que combina tanto conceptos teóricos como aspectos prácticos e problemas.
Traballos tutelados Proporanse traballos que o alumnado terá que levar a cabo. Os prazos e as normas de entrega estableceranse durante o curso e quedarán publicados na páxina web da materia.