Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Unha sesión semanal para todo o grupo para avanzar nos contidos teóricos e nos traballos tutelados
Traballos tutelados Os traballos tutelados constarán de exercicios propostos ao longo do curso ao alumnado para reforzar os contidos vinculados co temario exposto a través das sesións maxistrais
Prácticas de laboratorio De unha a dúas sesións semanais en grupos pequenos para o seguimento e apoio na realización da práctica. Esta práctica autónoma permite ao alumnado levar á práctica os coñecementos adquiridos ao longo do curso.
Proba obxectiva Exame final para valorar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso.