Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A25 A26 A29 B1 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C4 C6 Práctica individual. Valorarase a adecuación metodolóxica, a claridade e xustificación da proposta así como a profundidade do contido e a participación activa na súa realización. 40
Proba obxectiva A25 A26 B1 B3 B4 C1 C2 C6 Dominio dos coñecementos teóricos e prácticos da materia a través dun exame individual 40
Traballos tutelados A26 B1 B2 B3 B7 B8 B9 C1 C2 Exercicios propostos ao longo do curso polo profesorado a resolver polo alumnado 20
 
Observacións avaliación

O obxectivo da avaliación é constatar que o alumnado posúe as competencias fundamentais necesarias. A nota final consta de tres partes:

- Exame final individual: 40%

- Práctica individual sobre o obxectivo do curso: 40%

- Traballos tutelados: 20%

Para aprobar a materia é preciso obter unha puntuación global minima de 5 puntos sobre 10 e ter un mínimo de 4,5 puntos sobre 10 no exame final.

A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño, salvo para os traballos tutelados. Dado o carácter de avaliación continua dos mesmos, esta parte non poderá recuperarse.