Metodoloxías Descrición
Seminario Organizaranse seminarios para a axuda da elaboración e redacción do traballo fin de grao
Aprendizaxe servizo Desenvolvemento do traballo no contexto de necesidades reais da súa contorna coa fin de mellorala, en colaboración con algunha entidade e co obxectivo de proporcionar un servizo á comunidade.

Esta metodoloxía constitúe unha posible modalidade (non obrigatoria) de desenvolvemento do TFG.
Traballos tutelados Non se formula a realización de clases teóricas ou prácticas, polo tanto as actividades presenciais limítanse e as actividades formativas estrutúranse arredor do traballo tutelado da/o estudante