Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas de aula. Exposición oral complementada con medios audiovisuais. Nelas expoñeranse os contidos fundamentais da materia. Constan de exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resumen.
Solución de problemas Clases de problemas onde primeiro se expón un problema a solucionar. A continuación déixase algún tempo para que os estudantes intenten solucionalo e reflexionen sobre distintos aspectos a tratar para resolvelo. Finalmente resólvese, posiblemente mostrando erros típicos nas solucións aportadas polos estudantes.
Prácticas de laboratorio Nas prácticas de laboratorio realizaranse os exercicios que leven a desenvolver as súas competencias procedimentais.
Traballos tutelados Realización de traballos que o alumnado debe facer de forma autónoma baixo a tutela do profesorado da materia. O obxectivo é promover a aprendizaxa autónoma do alumnado.
Proba mixta Exame da materia que combinará preguntas teóricas e problemas prácticos.