Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A8 B1 B5 B6 C1 As prácticas serán evaluadas mediante probas de SQL.
40
Proba mixta A7 A8 B1 A proba consiste nun exame escrito que tratará sobre os conceptos teóricos e sobre a asimilación práctica da materia.

Para aprobar a materia globalmente hai que conseguir na proba escrita unha NOTA MÍNIMA de 2,5 (sobre 6). Non sendo así, a nota máxima GLOBAL da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 (e polo tanto a materia se considerará SUSPENSA)

Puntuación máxima: 6 puntos
Nota mínima para aprobar: 2,5 (sobre 6)
60
 
Observacións avaliación
NON PRESENTADO
Na primeira oportunidades terá calificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba mixta.

Na segunda oportunidade terá calificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non intente recuperar ningunha das partes recuperables.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Só aqueles estudiantes que non superen a materia poderán recuperar calquera das 2 partes: proba mixta ou prácticas.

Se un/unha estudante realiza a recuperación dunha das partes, a nota sustituirá á anterior (sexa maior ou menor). Se non se presenta a unha parte, conservará a nota obtida na primeira oportunidade.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes para buscar unha alternativa á avaliación das prácticas de laboratorio e do traballo tutelado.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

A avaliación na oportunidade adiantada consistirá unicamente nunha proba escrita que computará o 100% da calificación.

COPIA E/OU PLAXIO

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, será penalizada de acordo co establecido no Artigo 14 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e mestrado da UDC.