Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B3 B9 B10 C1 Avaliación continua do traballo do alumno con probas semanais dos avances obtidos na semana previa. 25
Prácticas a través de TIC B2 B7 A avaliación realizarase mediante o seguimento da entrega das prácticas e unha proba obxetiva. 25
Proba mixta B3 B7 B8 Os conceptos teóricos expostos nas clases maxistrais e a capacidade do alumno para a solución de problemas vanse a avaliar na proba mixta final. 50
 
Observacións avaliación

A suma das cualificacións correspondentes ao obradoiro, as prácticas a través de TIC, e a proba mixta debe ser maior ou igual a 5 sobre 10.

Esixirase unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 na proba mixta. No caso de non acadar a dita nota, a cualificación final do estudante vaise calcular como a suma da nota obtida nesta proba e o resultado de dividir por 2 a suma da nota obtida nos obradoiros e prácticas a través de TIC.

Na segunda oportunidade poderanse avaliar soamente a proba mixta e a de prácticas, optando cada estudante por unha destas ou as dúas. Os resultados acadados na solución de problemas e nos obradoiros serán os que o alumnado obtivera na primeira oportunidade dacordo coa avaliación continua descrita nesta guía.

Alumnado matriculado a tempo parcial: non se realizará a avaliación dos talleres nin da avaliación continua das prácticas (aínda que a entrega das prácticas será obrigatoria). Nestes casos, esas partes avaliaranse mediante unha proba que se realizará o mesmo día que a proba mixta.

A proba mixta poderase dividir en dúas partes, cunha proba parcial no medio do cuadrimestre.