Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B2 B3 B7 B9 B10 C1 A avaliación realizarase mediante o seguimento continuado da entrega das prácticas e probas obxectivas. 40
Proba mixta B3 B7 B8 Os conceptos teóricos expostos nas clases maxistrais e a capacidade do estudante para a solución de problemas avalíase na proba mixta final. 60
 
Observacións avaliación

A cualificación final obtense como a suma das notas das prácticas a través de TIC e da proba mixta.

Para aprobar a materia esíxense dúas condicións:

  1. A cualificación final debe ser maior ou igual a 5 sobre 10.
  2. A cualificación da proba mixta debe ser de polo menos 3 puntos sobre 10. En caso de non acadar a dita cualificación, a cualificación final dividirase por 2.

Na segunda oportunidade e na oportunidade adiantada poderase avaliar a proba mixta e/ou as prácticas a través de TIC.

Plaxio
na realización de probas ou actividades: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente.

Alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia: non se esixirá a asistencia ás prácticas e permitirase a súa avaliación mediante unha prueba mixta que se realizará na data fixada polo centro no calendario de exames.

.