Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC O profesor axudará aos estudiantes a profundizar nos conceptos e métodos numéricos presentados nas sesions maxistrais con axuda de Python.
Traballos tutelados Os estudiantes realizarán un traballo tutelado no que combinarán o uso dos diferentes coñecementos adquiridos na materia.
Solución de problemas Resolveranse problemas que axuden á comprensión do funcionamento dos métodos numéricos estudiados.
Proba obxectiva Realizarase un exame nas datas fixadas pola Xunta de Facultade para esta materia.
A proba orientarase fundamentalmente á resolución de problemas.
Sesión maxistral Durante as sesións maxistrais, a profesora presentará os contidos teórico-prácticos da materia. Motivará a necesidade dos distintos métodos numéricos usando problemas reais, e presentará os conceptos necesarios e os diferentes métodos numéricos, discutiendo as súas principais características.