Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Actividade que permite aos/ás estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas no laboratorio. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar as competencias A4, B2, B3 e B5.
Tamén se terá en conta nestas sesións a adquisición da competencia transversal C3.
Sesión maxistral Realizaranse sesións maxistrais sobre os contidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas. Estes contidos estarán centrados na competencia A4 e A6. As sesións enfocaranse de xeito que se promova a adquisición das competencias transversais e nucleares da materia.
Proba obxectiva Ao remate do cuadrimestre haberá un exame que avaliará os contidos da materia. A proba fará particular énfase nas competencias A5, A6 e B5
Solución de problemas Proporanse aos/ás estudantes problemas para resolver como traballo persoal. Debatiranse as solucións nas clases de problemas. Tamén se realizarán controis parciais durante o curso. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar as competencias A4, A6, B2 e B3.
Tamén se terá en conta nestas sesións a adquisición da competencia transversal C3.